
Bolsas
ensaia
Facernos grandes pasa por facer grandes aos demáis.
Cada ano, a comunidade de persoas (pingas) doan voluntaria, anónima e independentemente cartos para facer posible a «Bolsa ensaia», que consiste en outorgar dúas bosas de 6.000€ para impulsar a traxectoria de persoas que impactarán en Galicia.
Persoas receptoras da «Bolsa ensaia»
Mentres damos forma á «Bolsa ensaia 2025» aquí tes ás persoas que ata agora recibiron este apoio que consiste na bolsa económica de 6.000€ así como o acompañamento dalgunhas das persoas da comunidade.
-
Adra Pallón
Fotografía | 2024 (R)
Fotógrafo e viaxeiro comprometido coa memoria, adica a súa obra a homenaxear a cultura labrega e as persoas que sosteñen a identidade galega. Durante anos, percorreu a Galicia interior documentando problemáticas sociais e ambientais a través dunha lente humanista e evocadora.
-
Ana Díez
Xestión cultural | 2024 (R)
Cofundadora de «A Seara», axencia cultural que está a transformar o panorama artístico galego, impulsa proxectos culturais defendendo a lingua e a identidade galega. Aposta por dar visibilidade a artistas emerxentes consolidando a arte galega e fortalecendo as raíces culturais do noso territorio.
-
-
Persoas receptoras da «Residencia ensaia»
Cada ano, unha das persoas finalistas recibe a «Residencia ensaia» que consiste nunha estadía dun mes de duración nun dos espazos creativos máis inspiradores do rural galego (Anceu coliving) que, ademais de incluír a estancia, ten unha bolsa económica de 600€ extra para gastos.
-
Julia Lago
Emprendemento rural | 2024
Artista, ilustradora e axitadora cultural, revolucionou o panorama artístico urbano coa Grelería, unha galería na Coruña que combinaba arte e participación comunitaria. Agora, leva este proxecto á montaña lucense para crear un espazo único de convivencia e creación. Será un lugar onde artistas de todo o mundo compartan experiencias coa veciñanza, promovendo cultura, aprendizaxe e sustentabilidade nunha contorna privilexiada.
-
Antía Ameixeiras
Música | 2023
Violinista e cantante, non soamente quere ampliar o seu universo musical, senón dignificar o violín tradicional galego.
Namorada do instrumento dende os cinco anos, percorreu medio mundo con él. Agora, concentrada na creación propia coa agrupación Caamaño&Ameixeiras, reflexiona sobre a tradición querendo contribuír a súa evolución.
-
Chano Ripio
Debuxo | Cómic | 2022
Crear unha revista de cómic con artistas principalmente nados ou residentes en Galicia. Unir a unha comunidade de artistas, completamente libres de crear historias, que consigan facer pensar, inspirar e soñar ás novas mocidades.
Así é como Chano deu forma a «Boaonda cómic», a revista que aposta polo talento galego emerxente.
Finalistas da «Bolsa ensaia»
A «Bolsa ensaia» non é un premio nin un concurso. O propósito da mesma é apoiar a persoas que buscan facer unha traxectoria que impacta positivamente en Galicia. Velaí que dende a admiración e co obxectivo de contribuír ao maior número de persoas, sintamos que cada persoa finalista ten un enorme potencial no territorio. Animámosche a coñecelas en profundidade.
-
Amalia Puga
-
Rubén M. Mosteiro
Olería | 2024
Oleiro, artesán e estudante de Belas Artes. Adica a súa traxectoria á recuperación das formas e técnicas tradicionais, mesturándoas cunha estética contemporánea. Traballa por recuperar espazos artesanais onde compartir coñecemento e tecer redes.
Contacto -
Sandra Parguiña
Deseño téxtil | 2024
Deseñadora gráfica e téxtil, adica o seu talento ao deseño de panos de seda, un formato para transmitir historias e preservar a memoria colectiva. O seu proxecto combina arte e patrimonio galego. Busca levar a cultura galega ao panorama internacional do deseño.
-
Hadrián Jamardo
Banda deseñada | 2024
Integrador social e debuxante utiliza o cómic como ferramenta para reflexionar sobre temas sociais e culturais desde unha perspectiva galega. A súa obra mestura costumismo e retro-futurismo, explorando cuestións como a evasión a través da arte.
-
Montse Piñeiro
Artes plásticas | 2024
Explorando a conexión entre luz, corpo e movemento nas súas creacións escultóricas e de artes vivas e cunha traxectoria destacada como iluminadora e escenógrafa, traballa por levar o cinema á Galicia rural conectando comunidades coa arte e a tecnoloxía, deixando un legado creativo na periferia galega.
Instagram · Contacto -
-
-
-
-
-
-
-
-
-
Sergio Sande
-
-
Alejandra Balboa
Gala ensaia
Podes vivir connosco un dos momentos máis especiais desta comunidade: a gala ensaia. Nesta xuntanza non soamente anunciamos á persoa que recibe a «Bolsa ensaia», senón que aproveitamos para escoitar e aprender de tódalas persoas finalistas.