Bolsa ensaia

4ª edición · Dúas bolsas de 6.000€ cada unha

Buscamos influír positivamente na túa traxectoria polo que, independentemente da actividade que realices, lanzamos esta bolsa. Creada polas doazóns desinteresadas das máis de duascentas pingas que compoñen esta comunidade, é para persoas entre 21 e 35 anos.

| Consulta as bases aquí
| Comparte o cartel aquí
| Contribúe para as de 2025

· Prazo pechado | Presentación de solicitudes ata o 30 de Outubro ás 23:00h (Galicia).

Tres
puntos fortes
desta bolsa


6.000€ para investir na túa traxectoria

Unha cantidade íntegra para investir no teu futuro. Ademáis da dotación económica, buscamos impactar ao máximo na túa traxectoria co apoio de toda a comunidade, a través de encontros, recomendacións e visibilidade (dentro das nosas posibilidades).

Sinxelo presentar a túa solicitude

Buscamos impulsar, apoiar e facilitar o camiño e vocación de persoas con impacto en Galicia. Aberta a calquera tipo de actividade, queremos que teñas liberdade no formato de presentación. Podes facelo escribindo, falando, debuxando ou cantando. Queremos coñecerte na túa esencia.

Gañas presentando a túa proposta

Este ano estreamos o «Programa · A que andas?», no que tódalas finalistas contarán cunha persoa de apoio da nosa comunidade durante un ano. Igualmente, traballamos para que, cada ano, alguén poida desfrutar dunha «Residencia ensaia» e pasar un mes, de balde, nun espazo creativo de Galicia.

Tres datas
importantes

 

1 de setembro de 2024

Apertura oficial do prazo de presentación de solicitudes para optar á bolsa, a través do formulario desta páxina web.

30 de outubro de 2024

Peche do prazo de presentación de solicitudes. Apertura dos procesos de validación, preselección, comunicación da selección e entrevistas.

20 de xaneiro de 2025

Comunicación final da decisión do xurado. Fixación do acto presencial, formacións e reunións de interese para as persoas candidatas.

 

Coñece ao xurado

- A maiores, tódalas pingas da comunidade poden votar entre as candidaturas finalistas conformando o sétimo ente do xurado e o máis importante -

  • Paloma Sanjuan

    Avogada reguladora

  • Brais Suárez

    Doutor en Economía

  • Lia González

    Directora de arte

  • Laura Calvo

    Divulgadora e artista

  • Belén Varela

    Escritora e consultora

  • Javier Cebreiros

    Doutor en Comunicación


Dúbidas
frecuentes

(e importantes)

  • Para nós, non é tan importante onde naciches ou onde vives, senón o impacto que a túa proposta pode ter en Galicia (explicado na seguinte pregunta). Polo que podes presentarte independentemente da túa nacionalidade ou residencia.

  • Entendemos por impacto en Galicia o efecto que a túa traxectoria ou idea terá económica, social ou culturalmente na comunidade; ben sexa porque pode ter influencia en todo o territorio ou soamente nun ámbito, zona ou sector.

  • Animamos a tódalas persoas que estean a facer unha traxectoria que impacta en Galicia a presentarse. A «Bolsa ensaia» non está destinada a ningún eido en particular.

  • É realmente doado: ler as bases. Moitas propostas, aínda que interesantes, non responden ás dúbidas que plantexamos nas bases. Aí atoparás respostas a moitas das túas consultas.

  • Por suposto. O paso do tempo fainos cambiar e mellorar moito as ideas polo que animámoste a expoñelas con tódolos avances acadados neste tempo.

  • Quixemos crear un proceso sinxelo e aberto para que puideses expresar as túas ideas no formato no que sintas maior comodidade; por iso, aínda que pedimos a resposta en texto breve, pedimos tamén un documento pdf con toda a información onde podes engadir material audiovisual, gráfico ou sonoro; soamente tes que garantir o acceso ás ligazóns (sen caducidade).

  • Isto é importante. Queremos apoiar a túa traxectoria polo que ti terás a propiedade total de todo o traballo que desenvolvas. Mira ben as bases, o único punto no que falamos de «propiedade intelectual» e que pode levar a confusión, é no apartado de «mostra, impronta ou detalle». Se recibes a nosa bolsa, refírese a un pequeno agasallo ou detalle que poidas entregarnos para o noso futuro museo, non a túa obra ou traballo.

 

Se despois de ler as dúbidas frecuentes tes algunha consulta, contacta con nós en administracion@ensaia.com · Trataremos de contestar o antes posible

Coñece aquí ás finalistas doutras edicións da «Bolsa ensaia» ou revive a «Gala ensaia»

 Pablo Agma | Arte 

 Lucía Estévez | Cine 

 Breogán Xague | Arte 

 Nerea Pallares | Literatura 

 Chano Ripio | Debuxo 

 Adrián Pereiro | Lutería | Receptor 

 Antía Ameixeiras | Música 

 Kiko González | Sostenibilidade 

Pablo López | Impacto social 

 Cristina Rey | Empresa 

 Sergio Sande | Impacto social 

 Alejandra Balboa | Baile 

 Nuria Vilán | Poesía | Receptora 

 María Cándamo | Moda 

 Andrés Sanjurjo | Cine 

 Iván García | Deporte 

Proxecto feito grazas ás pingas que, anónima e desinteresadamente, fan posible estas bolsas

O movemento ensaia é real pola xenerosidade dunha comunidade de máis de dúascentas persoas (pingas) movida polo desexo de impactar positivamente na seguinte xeración creando unha cultura de xenerosidade.