Queriamos
cambiar
Galicia

Somos un movemento social que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, busca impactar positivamente na seguinte xeración de Galicia.

Bolsa ensaia 2024 · Prazo pechado

6.1.jpg

Somos choiva.

Chamamos pinga a cada unha das persoas desta comunidade que, entre outras cousas, cada ano doa cartos facendo posible outorgar anualmente, e de forma independente bolsas para desenvolver traxectorias que impactan localmente.

Buscamos deixar un legado enriquecedor para as xeracións futuras

Pinga a pinga,
seica vai chover.

Pensamos a longo prazo. Conectamos á mocidade con mentoras e mentores, creamos puntos de encontro da comunidade para divulgar o traballo de referencias galegas e lideramos iniciativas centradas no empoderamento da xuventude. ​

Liñas de actuación

En ensaia traballamos en tres liñas que impactan dun xeito positivo en Galicia. Levámolas a cabo grazas a doazóns independentes. A continuación podes ver as que estamos a desenvolver agora mesmo.

 

Mil futuros.


Proxecto educativo e social que consiste en conversar dun xeito voluntario con mil mozas e mozos de Galicia.

Organizamos encontros en centros educativos co fin de promover o seu futuro; creamos espazos de conversa con referencias e lideramos unha rede de mentoras e mentores para apoiar a toma de decisións. Máis información aquí.

Bolsa anual.


Cos cartos que doan as nosas pingas (a comunidade) outorgamos, cada ano, bolsas para impulsar traxectorias.

Buscando impactar con accións, outorgamos cada ano bolsas que, ademáis dos cartos (6.000€) buscan apoiar as traxectorias das persoas finalistas. Máis información aquí.

Perspectivas.


Xuntámonos en actos feitos con moito agarimo para por en valor o talento local. Escoitamos a perspectiva de xente grande.

Creamos un espazo para coñecer e escoitar a perspectiva do mundo de referencias locais e internacionais da nosa comunidade. Este é o lugar onde lembramos que somos grandes. Máis información aquí.

 

Subscríbete para estar ao día das nosas novas, bolsas e eventos.