1000 futuros.
Proxecto social que consiste en conversar dun xeito voluntario con mil mozas e mozos de Galicia para promover o seu potencial, crear unha comunidade ó redor das súas capacidades e ofrecerlle tódalas posibilidades das xeracións anteriores.
Solicita aquí o teu acompañamento.
Dúas formas de participación ↓
-
Participar como centro educativo.
Se formas parte dun centro educativo e queres achegar os encontros de ideas para o alumnado ou os cafés inspiradores para a xuventude, contacta con nós no botón de abaixo.
O fin: contribuír positivamente ao futuro da mocidade galega dos centros.
-
Mocidade en busca de asesoramento ou mentoría
Elixir o futuro non é doado e desenvolvelo tampouco. Velaí que, en moitas ocasións sexa útil contar con alguén que o fixo primeiro para escoitar novas ideas.
Se queres contar cun mentor ou mentora, ou compartir as túas dúbidas con alguén, completa o proceso do seguinte botón.
A visión
Conectar, conversar e apoiar a mil mozas e mozos que, dentro de 20 anos liderarán Galicia para, dende hoxe, facelos conscientes das súas capacidades e facilitar as súas posibilidades.
Falar con mil rapaces de Galicia.
Organizamos encontros presenciais en centros educativos con rapaces e rapazas de segundo de bacharelato ou derradeiro ano de estudios superiores de Galicia.
Buscamos empoderalos para favorecer unha toma de decisións adecuada, nun momento vital importante, co fin de favorecer o seu desenvolvemento e maior plenitude.
Crear unha comunidade esperta.
A través de cafés inspiradores con referencias galegas, queremos compartir recursos útiles coa xuventude, creando unha comunidade de persoas con capacidade de reflexión que poida unirse, crear e compartir aprendizaxes.
A maiores, creamos unha rede de mentoras para facilitar o seu futuro persoal e profesional nos momentos de dúbida ou para impulsar de forma máis acelerada as vocacións claras.
Este proxecto nace para evitar a fuga de talento, traballando nunha mentalidade de posibilidade na nosa xuventude con catro obxectivos:
Facilitar o desenvolvemento persoal e, polo tanto, profesional.
Conectalas e achegalas a referencias de éxito da nosa comunidade.
Empoderar á xuventude para que coñeza as súas capacidades.
Cambiar a mentalidade de «ter que emigrar» para traballar.
Solicitude de mentoría
Conecta cun mentor ou mentora que te apoie no teu futuro
Tes dúbidas entre dous vías ou camiños nos que desenvolver a túa vida. Quizais tes unha paixón clara aínda que non sabes como chegar a vivir dela. Tes grandes inquedanzas e sénteste completamente perdido na toma de decisións que tes por diante. Para todas elas, pode axudarte unha mentoría.
Que supón ter un mentor ou mentora?
Trátase de adquirir un compromiso cunha persoa que se porá a túa disposición para axudarte a visualizar un futuro, aceleralo ou aclaralo dun modo que che permita medrar a través da plenitude.
Como solicitala?
Preme no botón de abaixo e completa a túa solicitude. Animámoste a escribir detidamente a túa carta de motivación, coa lonxitude que estimes e deixando patente as túas dúbidas e inquedanzas.