Perspectivas é un evento onde acudir para escoitar máis que falar. Tratamos de entender a perspectiva do mundo, e de Galicia, de persoas con traxectorias contrastadas a nivel persoal e profesional para enriquecernos localmente. Escoita, recoñecemento, comunidade e visibilidade.

Se a todo esto súmaslle que facémolos nunha das mellores coctelerías do país e que énchese de persoas da nosa comunidade, entenderás o motivo polo que tes que coller a túa entrada cando sexa o seguinte.


+ Tres ideas importantes deste evento.

  1. Este é un evento para pingas amizades de pingas. Queremos seguir construíndo, pinga a pinga, esta comunidade; velaí que queiramos medrar aos poucos, tratando de acadar ese impacto real a longo prazo.

  2. As entradas teñen un custo simbólico porque non hai moitas e gustaríanos que soamente se adquiran se podes asistir; garantindo así a praza para xente que veña de lonxe.

  3. Os eventos son aptos para menores de idade con interese, facemos que teñan un sitio privilexiado e poidan falar coa persoa invitada.

Queriamos cambiar Galicia